Exemplar de piñeiro real ou piñeiro manso (pinus pinea) en O Sisto - Órrea. Casa, hórreo e piñeiro compiten abertamente por engalanar a paisaxe. A casa coas súas insculturas no peitoril das ventás, o hórreo coa filigrana dos seus pináculos e o piñeiro co seu descomunal paraugas de arume.
Quedan algúns piñeiros coma este no concello. Este é o que máis sobresae dos que coñezo. Trátase dunha conífera de crecemento lento e de gran lonxevidade. Poden acadar os 500 anos.