4 de xaneiro de 2007

PAZO DE MOAS


No lugar de Moas (Brántega) agarda esta pequena xoia pacega do século XVIII por unha digna restauración que a saque do esquecemento e a libere da carriza.
Solar dos Gil e os Sarandeses, apelido este último espallado hoxe amplamente por varias parroquias do Concello. Onde máis en Brántega, Ferreiroa, Ventosa, Borraxeiros, Berredo..
Consérvanse en bo estado a portada e o escudo. O corredor, a capela, o forno e as cabalerizas aínda son recuperables pero precisan dunha urxente intervención.
Hoxe é propiedade de Manuel Curros López.