28 de febreiro de 2007

AGOLADA ANOS 60

En 1920 rematábase a estrada que desde Lalín levaba a Lugo e cruzaba por Agolada, tal e como se ve na foto. Nun principio sen asfalto. Aquela aldea de 1920 escomenzou a construír casas á beira da rúa que había de traer o progreso e o desenrolo. Todas e cada unha das casas da foto fixéronse ao longo dos catro seguintes decenios.
Esta nova vía desplazaría en importancia ao primitivo camiño real que desde Vilariño subía por Esperante e entraba por detrás da actual gasolineira, seguía pola Rúa Nova, a Praza e a Rúa Maior. Ese foi o primeiro eixo sobre o que naceu Agolada.
A foto, da que descoñezo o autor, corresponde aos anos 60, un tempo no que poucos coches había no pobo como se pode comprobar co único que hai aparcado onda a farmacia de Peleteiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario