1 de marzo de 2007

LIMPEZA NO DOLMEN DOS MUÍÑOS

En maio de 2005, enterada a Delegación de Cultura da existencia do Dolmen dos Muíños (Bidueiros), a Asociación Amigos dos Pendellos obtivo permiso para limpar o xacemento e tronzar o carballo que medraba no interior da cámara funeraria. Cultura e o propietario, Cándido Fraga, accederon á iniciativa da asociación para poñer en valor este monumento megalítico. Tamén se mediou para negociar unha permuta de terreo e que a mámoa pasase a propiedade de Patrimonio.
Na primeira foto aparece X. Vázquez Pintor o primeiro día que demos co túmulo, rodeado de matogueiras e co carballo rexo no medio.
Nas seguintes vese o toco do carballo e as tarefas de limpeza levadas a cabo por Amigos dos Pendellos coa colaboración dunha brigada municipal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario