1 de marzo de 2007

A GUILLERMA (BORRAXEIROS)

A Guillerma (Borraxeiros). Casas de boa pedra e boa arquitectura. Aquí estivo moitos anos a Casa do Concello. Levárona para Agolada a finais da II República. Tivo un destacamento da Garda Civil ata 1961. Aínda hoxe quedan dous bares de tres que houbo. Na praciña que hai á esquerda da foto celebráronse as festas do San Cristovo durante moitos anos.
O desvío da estrada que leva a Melide deixou este lugar apagado, falto de bulicio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario