En 1946 ergueuse na praza de Agolada a fonte. Para servicio diario dos veciños e dos feirantes os días 12. Tamén se converteu nun decorado para moitas fotos entrañables. Na imaxe de finais dos anos 50 dous carballos escoltaban a construción. Ao fondo as casas de Ricardo e de Dionisio. As mozas: Chichita, Mary Ferro, Pacita Vidal (descoñezo a cuarta).
Coa construción da fonte fíxose innecesario o pozo público que había no campo da feira. Tapouse con dúas lousas . Logo habíano de utilizar os polbeiros para verter as augas de cocer o polbo. Labor pouco hixiénico e abondo cheirento. Daquela era así.
Ningún comentario:
Publicar un comentario