Acudiron piragüístas de Noruega, Alemaña, Francia e de moitos puntos de España.
Eu fun alí para poder amosarvos os kayaks no momento do descenso das fervenzas. Confundinme de sitio e tiven que marchar cando o reloxo xa non me permitía licenzas. Pasaron hora e media despois de eu sacar a foto que acompaña esta entrada. Prometéronme dúas fotos dos kayaks. Se as recibo, aquí volas poñerei.
As Torrentes (chamásmoslles así, en feminino) están no curso alto do Ulla, cando o río baña os concellos de Agolada e Palas de Rei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario