28 de febreiro de 2007

AOS MEUS ANOS NA FEIRA

Coñezo a este señor de vista mais non sei quen é. Do concello si que é. O ollo da cámara quixo reparar nel. Por idade, pola historia que atesoura, por honralo.
Era día de feira e non podía faltar á cita. Amparado baixo o sombreiro dos festivos os seus ollos seguen á espreita do que se coce na feira. Descoñece que tamén hoxe acode a esta feira universal que ten os pendellos na rede.

Ningún comentario:

Publicar un comentario