28 de febreiro de 2007

MUÍÑO DE PEDRA EN CRISTÍN (BORRAXEIROS)

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Celso Emilio Ferreiro
Non sei por que estraña razón ao contemplar este muíño de Cristín (Borraxeiros) veume á memoria o coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro. O muíño é todo de pedra, agás a moega. As noites de muiñada tamén eran longas por outras razóns distintas ás de Celso Emilio. Moitos corazóns dos homes (e das mulleres, tería? que dicir agora Celso Emilio) seguen a ser de pedra. ¡Que prestos estamos para xulgar e que reacios para edificar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario