Parafraseando a Vicente Risco eu atreveríame a dicir que Agolada tampouco é pequena; é tan grande coma ti queiras. Cada terra é coma se fose o mundo enteiro. A terra faina grande a xente que a habita.
Este blog está moi lonxe de querer ser un mero folleto turístico. Está pensado para que os agoladenses non sintamos orgullosos do noso. Tamén para que os que nos visitades saibades dese noso agarimo pola terra que nos acolle. Porque cremos que Agolada é grande.
Na foto, na súa humildade, vemos o cruceiro de Trascastro co Farelo ao fondo. Hai mellores ubicacións para colocar este cruceiro, pero esa é unha asignatura que tamén terían que aprobar varios cruceiros que coñezo no concello e que quedaron pésimamente situados. Saber onde poñelos, en lugar digno e protexido é outra maneira de expresar a sensibilidade que este patrimonio merece.
Ningún comentario:
Publicar un comentario