Algúns mozos e nenos de Agolada disfrutabamos dun día de excursión e praia nunha viaxe organizada polo párroco D. Luís Rodríguez Vázquez (no centro da foto, de pé). Era o ano 1963. O lugar: a praia de As Sinas en Vilagarcía. Levounos Adolfo de Meixide naquel autobús do trinque que cos anos sería nomeado "A Chocolateira".
D. Luís morreu hai anos pero moitos aínda mantemos del un emocionado recordo e o permanente agradecemento.
(Foto do arquivo de Manuel Galego Iglesias, cedida pola súa filla Inmaculada Galego)
Ningún comentario:
Publicar un comentario