É desexable para este pazo un futuro no que se recuperen arquitectonicamente todos os elementos que o compoñen e se destine a un uso acorde coa súa prestancia.
Na foto superior vese a fachada leste, ameada, na que destacan os catro escudos coas armas dos Salgado e os Fuciños, a porta e a cheminea neoclásicas, a elegante balconada voada sobre traballadas ménsulas e os dous cubos circulares nos extremos.
A foto inferior está sacada desde o Castro Marcelín con teleobxectivo e ofrece unha perspectiva inédita do pazo. Nela advírtese a planta cuadrangular do edificio cun patio interior e o promontorio sobre a que se erguía o primitivo castelo.
Se agradece este blog, estoy haciendo un trabajo sobre los pazos gallegos y hay buenas fotos e información interesante. Gracias!!!
ResponderEliminar