
Se os paraísos existen hanse parecer moito ao lugar da foto. Corresponde á parroquia de Val de Sangorza, á beira do río Arnego. Chámanlle A Frisca. Da banda de Toiriz (Vila de Cruces) está o penedo que cae a chumbo nun desnivel de varias decenas de metros sobre o Arnego. Espectacular. A natureza é vizosa e agradecida. A sobreira e o érbedo conviven cos ameneiros, castiñeiros e carballos nunha lóxica competencia por acadar a luz cenital. O río, caladiño, vai calmo e anchuroso para entregarse no remanso do encoro de Portodemouros coa veciñanza de Sampaio das Buratas como testemuñas.
Fai tres semanas fixemos unha ruta de senderismo(varios membros do Clube de Atletismo Deza)pola beira do río Arnego e,pouco e pouco,case sen darnos conta, chegamos a Pena da Frisca.Vaia casualidade... non? O percorrido foi todo unha aventura,pero valeu a pena.Estamos de acordo en que a espectacular paisaxe semella un paraíso.A todos os que amades a natureza:visitádea!Un saúdo. Isabel.
ResponderEliminar