26 de febreiro de 2007

PONTE MEDIEVAL DE VILARIÑO

Ano 814. O camiño real máis importante que chegaba a Agolada cruzaba o Arnego pola Ponte Vilariño, neste lugar da foto. Cincocentos metros río abaixo das pontes actuais. Quedan vestixios da ponte, pero non hai ponte. Na foto pode apreciarse o río e na marxe dereita (concello de Agolada) unha rocha e sobre ela o piar de cachotería no que se apoiaban as vigas de madeira da ponte. Quedan os camiños de entrada e de saída, os apoios laterais e unha inscrición na rocha esquitosa na banda de Lalín que fala da fundación da ponte e do ano da súa construción (ERA d CCC 2 FE TKEF...IFI).
Existe unha lenda arredor desta ponte que contarei outro día. Por aquí tería pasado moitas veces a procesión do Clamor para a que tamén reservo unha entrada especial.

1 comentario:

  1. Terá que ver esa lenda coa dalgún arrieiro? noraboa polo blog

    ResponderEliminar