Na foto aparecen no momento en que visitan a encrucillada dos camiños principais que chegaban a Agolada e na que aparece o Marco da Constitución.
Sempre que vén xente a visitarnos sinto que os Pendellos e a zona circundante non estean definivamente restaurados e nas mellores condicións. Son tantas as eivas que nunca podo evitar un lamento. E observo que non chega co labor de "Amigos dos Pendellos". Somos todos os veciños de Agolada e o Concello os que debemos implicarnos na tarefa e advertir o verdadeiro valor histórico, arquitectónico e etnográfico que garda este recinto feiral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario