Pero, a cachelos, aínda podemos encontrar pequenos tramos dos vieiros que comunicaban antano as nosas aldeas.
Este da foto é un fragmento de 200 metros do camiño que saía de Agolada cara a Lamas (As Trabancas). Delimitado por valados graníticos. Accedín a el despois de que o lume queimase meses antes o bosque circundante. Tróuxome lembranzas dos anos mozos nos que me tocara percorrer varias veces esta vía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario