4 de marzo de 2007

CRUCEIRO EN ARTOÑO

Este cruceiro está ubicado en Cartas (Artoño) no lado de abaixo da Capela do San Ramón. Ao parecer o orixinal sufrira desperfectos e volvérono erguer sobre o mesmo pedestal con fuste, capitel e cruz de nova fábrica.
Vese que os cruceiros aínda son un referente importante para moita xente. Os de Artoño non quixeron quedar sen o seu cruceiro. E aí o tedes, ben ubicado nunha insua-xardín escoltado por dous carballos.
Os cruceiros naceron para facer presente a cristianización (relixión e cultura indisociable da nosa historia europea occidental) do territorio, dos montes, dos camiños. Tamén son monumento con que honramos aos que morreron violentamente nos camiños. Na actualidade hai quen pretende convertelos exclusivamente en obxectos ornamentais.
Desde logo son manifestacións artísticas da sensibilidade popular e fitos destacables en rueiros, camiños e prazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario