4 de marzo de 2007

PRAZA NA FEIRA DAS VACAS DE AGOLADA

Agolada nevada, xaneiro de 2006. Esta praza, dotada con xardín e parque infantil, aínda carece de nome. Ocupa o antigo campo da feira das vacas. Usouse como campo da feira ata os anos 80. No seu lugar construíuse esta praza, organizada en tres bancais (lembran os socalcos) para salvar o desnivel do terreo. Lembro que tamén se usaba como eira pública, aquí facían a malla varios veciños e limpaban o grao.
Á esquerda da foto está o edificio do Hostal Galicia e tamén pode distinguirse o campanario da igrexa.
Esta praza está infrautilizada. Precisa máis casas no arredor. A ver se a construción do Auditorio no solar do demolido Cuartel da Garda Civil lle dá algo máis de vida. E lle poñemos un nome axeitado e consensuado para que non haxa que cambialo varias xeracións máis adiante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario