Pensei en ensinarvos o interior da igrexa de Ventosa, onde podedes apreciar o baldaquino de pedra policromada, adosado ás paredes laterais (fóra da súa posición orixinal). Noutra entrada ofrecereivos o sartego do abade Lope de Ventosa, que se encontra na parede dereita, un pouco máis atrás do que se ve na foto.
Pódese observar o arco triunfal que dá acceso a unha nave transversal e ao presbiterio. Toda esta parte foi alterada e non garda ningún elemento do románico.
Non quero rematar esta entrada sen expresar o cariño e o mimo que puxeron os veciños de Ventosa e o seu crego na recente restauración. Déronlle unha renovadura á igrexa e ao entorno que revalorizan aínda máis este precioso templo románico. Hai que sentir o orgullo de ser dun sitio e unirse nos traballos que afectan á colectividade. Os de Ventosa téñeno e vogan unidos anque o vento veña de proa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario