19 de marzo de 2007

AS VECIÑAS TERRAS DE RODEIRO

Agolada limita polo sur coas terras de Camba, o concello de Rodeiro. Na súa orografía e fisonomía é irmá xemelga da terra de Agolada. A foto recolle a vista desde as proximidades do Alto da Fraga (no límite administrativo), ollando á serra do Faro en lontananza. O que máis distingue as terras destes dous concellos é a diferencia da altitude media que acadan, que no caso de Rodeiro se ve elevada pola presenza da devandita serra do Faro. Este no seu cumio acada os 1187 m., moi preto do santuario mariano que cantara o trobador medieval, Xohán de Requeixo.
Fui eu mare en romaría
a Faro con meu amigo
e vin del namorada
por cuanto falou comigo.
Ca mi xurou que morría
por mi, tan ben mi quería.
(Fragmento dunha cantiga de amigo de Xohán de Requeixo)

2 comentarios:

  1. que foto máis bonita!!!, cor, harmonía, luces e sombras baixo o pano verde e gris da terra

    ResponderEliminar
  2. Gracias Beatriz, polas túas fermosas palabras que animan e invitan a continuar nesta dirección. Gracias por esa túa mirada atenta que sabe advertir a beleza nas cousas miúdas e cotiáns.

    ResponderEliminar