19 de marzo de 2007

MUÍÑO DE GURGUEIRO

Prados, muíño e regueiro constitúen unha estampa que se repite con frecuencia en múltiples lugares do rural. O rego da Xara baixa cantarín portando as augas que bebera no Farelo, na Aldea do Monte, no Porto das Vacas, en Río, en Axiaz... E agora encóntrase no muíño que hai entre Laxosa e Gurgueiro, nunha pequena vagoada de montes e prados. Outro lugar para aspirar a paz do ambiente, namentres o rego baixa a encontrarse co Arnego un quilómetro máis adiante. O muíño, feito que se repite tristemente con frecuencia, ameaza con caer baixo o abrazo traidor das hedras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario