O xeladeiro co seu carriño branco. Ataviado coa chaquetiña tamén branca e empuñando as culleriñas dos xelados. Era unha estampa típica dos veráns nas feiras e nas festas. Un feirante máis que vende os seus xelados de cucurucho (amorodo, vainilla e chocolate).
Recoñezo na foto a Carlos de Cabanelas, Toño de Buxán (os dous da esquerda); detrás do carriño, un neno: Álvaro de Carril.
A foto é un agasallo conseguido no álbum particular de Tilucha Vázquez. Son pequenos tesouros cos que recuperamos a memoria da feira de Agolada, unha das feiras importantes da Galicia interior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario