O macizo granítico acastelado da foto encóntrase no extremo norte do Monte Farelo, no Farelo Pequeno. Recibe o nome de Torrevella ou Torre Vella porque nel existiu no pasado unha torre vixía dependente do castelo de Castro de Amarante. O topónimo cando cualifica de Vella á Torre é porque posteriormente habilitouse unha segunda torre a catrocentos metros da primeira (A Torrenova). Non temos datos para saber se coexistiron, anque o máis probable é que a segunda fose construída por derrubamento ou inutilidade da primeira.
Entre as rochas poden observarse restos dos antigos muros e tella das cubertas. A toponimia é outra evidencia da fortificación deste lugar.
Este conxunto rochoso está na provincia de Lugo, no concello de Antas de Ulla, a escasos metros da liña que divide as provincias de Lugo e Pontevedra e os concellos de Antas e Agolada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario