Capela do Santo Anxo da Garda en Buxel (Artoño).
Pola ubicación parece que se tratase da capela dunha casa pacega ao estar integrada no recinto dunha eira. Unhas casas máis arriba figura o blasón da casa de Traspenas na parede dunha casa que se no pasado foi pazo hoxe está tan modificada que non conserva ningún outro elemento de relevo.
De todos os xeitos arredor do campo da festa de Buxel hai tres elementos que falan de nobreza e fidalguía deste recanto: unha porta de arco nunha casa de sólidos muros, o brasón e a capela coa inscrición do lintel e as mochetas molduradas que o sosteñen.
A festa do 5 de outubro que aquí se celebra gozou de ampla sona e acudían romeiros das parroquias do arredor a ofrecer aos familiares para ter a protección do Anxo.
Na inscrición do lintel pódese ler: En el año de 1669 el comisario Benito Mosqqc (Mosquera ou Moscoso?) fundó esta capilla con pensión de dos misas cada semana.
Tamén é coñecida como a capela do Anxelo, non é? Nome ben bonito por certo.
ResponderEliminarO nome era Benito Mosquera, Comisario da Inquisición, abade que foi de Artoño e Borraxeiros a finais do XVII.
ResponderEliminarOs seus devanceiros, como testemuña a labra heráldica, eran os posuidores de Traspenas, na mesma freguesía de Artoño.
Noraboa por unha marabillosa fiestra ás veciñas terras de Agolada que tivemos a grande sorte de compartir.
César Gómez Buxán