6 de marzo de 2007

O ULLA INCIA O CURSO MEDIO

Eis o Ulla. Acaba de saír das Torrentes. Despois das cachoeiras e fervenzas precisa acougo, descanso, a paz das chairas. E inicia un paso máis vagaroso para recibir o abrazo do Pambre que lle sae ao encontro apenas un quilómetro máis abaixo. Estamos en terras de Palas de Rei limítrofes coas de Agolada. Mácara e Ramil. O Ulla engorda, faise adulto, amósase máis cordo. Bica os cómaros dos prados co agarimo que non sentiu cando era batido entre as rochas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario