Se observamos a través da vexetación que o cobre podemos adiviñar o perfil dos terrapléns que rodean este outeiro onde se asenta o antigo castro, tamén coñecido como Coto dos Mouros. Está en Buxel (Artoño), moi preto da Ponte da Vila (Borraxeiros), á beira da estrada vella que vai de Agolada a Melide. A foto está feita desde os muíños do Manchado. As súas coordenadas son 42º 48' 25'' lat. N e 8º 11' 20'' lonx.W. No debuxo da dereita (de Xulio Carballo Arceo) observamos a planta, perfís e cotas do recinto castrexo.
O estado de conservación é aceptable. Só dúas manchas: o enorme poste metálico do tendido eléctrico chantado na parte máis alta da muralla e un galiñeiro que está construído no mesmo terraplén na cara leste.
Nos valados dos arredores apareceron varios muíños de man, algún deles está na actualidade no museo Terra de Melide.
Ningún comentario:
Publicar un comentario