5 de marzo de 2007

OURO E VERDE...

Non está dentro dos meus obxectivos facer deste blog un tratado de botánica, non porque non me interese a natureza, senón porque descoñezo moito da materia, por máis que me aplico. De todos xeitos iso non debe ser impedimento para que nos recreemos coas imaxes que os bosques nos regalan. E apreciar os pétalos ourilucentes aboiando na espesura de esmeraldas herbáceas. Así o vimos a cámara máis eu hai dous anos preto da Ponte Vilariño.
P.S. (7-3-07) Despois dos comentarios recibidos, que agradezo, seguimos a dubidar do nome e clase de planta e flor de que se trata. A ver se algún internauta nos resolve a dúbida.

3 comentarios:

  1. a celidonia pode empregarse para as feridas. se lle botas un chisco do líquido amarelo no corte, asegúroche que miras as estrelas; iso si, a recuperación é asombrosa. non sei como o fai pero cicatriza á velocidade do raio.
    tamén din que vale para algún problema de pel.

    e xa parece que eu só che escribo cando amosas estas cousiñas tan bonitas...

    apertas

    ResponderEliminar
  2. En efecto, a celidonia ten eses poderes que di ela amais do de curar as verrugas. Agora ben, a flor desta foto, aínda que se parece, non é a da celidonia. É a dunha pranta que beirea os ríos.

    ResponderEliminar
  3. a min a flor parecíame a celidonia, aínda que dubidei un intre, xa que non vin as follas características desta planta, pero como estaba no medio de (parécenme (menta, trébol...?) outras, pensei que si o era.
    a foto ten o fado de transmtir beleza e serenidade.
    unha aperta!!!

    ResponderEliminar