Pódese vivir nun lugar e descoñecer a súa historia. Pero cando a descobres, empezas a ver o que te rodea doutra maneira. Comprobas que ten significado. E consegues trascender ao pasado e comprendes mellor o presente.
En Basadre hai un recinto castrexo do que poucos veciños tiñan noticia como tal castro. Si saben que hai un outeiriño que mira cara o río e o regato e que lle chaman a Eira Vella. O topónimo é ben elocuente para quen o saiba interpretar.
A foto que acompaña esta entrada amosa o antecastro e o terraplén da muralla que dá acceso á eira do castro. Na eira hai cahantada unha casa de non moitos anos. E parte do recinto aparece choído cun muro de bloques. ¿Quen ía saber que isto era un castro?
Ningún comentario:
Publicar un comentario