12 de marzo de 2007

PRADOS DE CARRAL (SANTA COMBA)

A aldea de Carral apenas é perceptible na liña do horizonte, á esquerda. Desde Carral baixaban ao muíño (practicamente derruído) e baixan aínda co gando. Aquí xúntanse as augas do Rego Lodeiro, que previamente recibira as do Merlín, coas do Rego de Santa Comba. No Rego de Santa Comba, a escasos metros desta paraxe, hai unha pequena fervenza. A paisaxe reviste toda a fermosura e o verdor que a primavera sabe pintar con pinceis de frescura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario