17 de marzo de 2007

CRUCEIRO DE LAXOSA

Unha pedra sólida de pedestal e unha cruz latina dunha soa peza de fuste e brazos do mesmo grosor, con sección octogonal, marca o cruzamento dos camiños a escasos metros da aldea de Laxosa.
O camiño que se ve na foto, que segue á beira do valado de pedra, baixa á Ponte dos Cabalos. En dirección oposta buscaría Ventosa. O cruzamento prodúcese co que viña de Gurgueiro e Axiaz cara a Ferreiroa e Agolada.
Valados, camiños e cruceiros marcan a paisaxe. Son patrimonio herdado, expresión dos esforzos dos que nos precederon.

1 comentario: