11 de marzo de 2007

EXCURSIÓN AOS VIÑEDOS

É mágoa que non dispoña de máis información do motivo e o lugar desta excursión. Aquí están a principios dos anos 60 boa parte dos veciños de Agolada (todos varóns ¿casualidade?). Polo que se ve, encabezados polo crego D. Luís. Dos dezaoito recoñezo a dez: Benito Negro, Manuel Lamazares, Manuel Peleteiro, o farmacéutico (detrás de Lamazares), Pepito Barrio, D. Luís Rodríguez, Javier Paredes, Ramiro Barrio, José Galego, Luís Vilar, Eugenio Otero ...
Se alguén posúe máis datos ou recoñece a máis xente, que mo faga saber. É parte da historia de Agolada. Dos veciños que citei non queda ninguén. Só nos nosos recordos.
Esta foto é do arquivo de Manuel Galego Iglesias e facilitouma a súa filla Inmaculada.
P.S. Vázquez Pintor mándame recado de tres persoas que identificou na foto: Enrique Barcala (médico de Agolada naquela época), Carlos (director da Caixa de Aforros) e Manuel da Guillerma.
15-3-07. Recibo recado de Pintor: Dos catro de arriba o segundo pola dereita é o xenro de Manuel Peleteiro, José (veterinario). Xa nos queda menos que pescudar. Hai que tratar de identificalos a todos.

1 comentario:

  1. Non sei se por Pepito Barrio, queres decir José Barrio irmán de Ramiro Barrio, senon, é o que está ó lado de Lamazares.

    ResponderEliminar