Dos camiños antigos quedan anacos espallados por case todo o territorio do concello. Usáronse como camiños agrícolas ata a segunda metade do século XX. A introdución de tractores nos traballos do agro trouxo consigo o deterioro primeiro e algúns anos máis tarde, a apertura de pistas e estradas locais que supuxeron a desaparición de moitos dos primitivos camiños con séculos sobre os seus lombos.
É o caso do camiño da foto. É un dos dous fragmentos que quedan entre a Vila Grande de Friufe e O Valadoiro. Ata principios dos anos setenta conservábase case intacto. Era o camiño real que saía desde Agolada ata Brántega e alí bifurcábase para Carmoega e Toiriz.
Cando serán os valados considerados bens de especila protección?
ResponderEliminar