Os cumios dunha zona son un referente no horizonte, orientan os pasos nos camiños; marcan a xeografía e definen as cuncas fluviais; son elementos nos que se apoian os técnicos para a medición do territorio; son un obxectivo visual que imprime formas e texturas nas memorias.
O cumio que se ve no horizonte da foto é Pena Maior, entre as parroquias de Santa Comba (a zona visible que rodea o cumio) e Órrea e Bais na caída da outra banda. En primeiro plano algunhas casas de Agolada.
Pena Maior xa aparece recollida no mapa de Domingo Fontán en 1845. Aquí está situado o segundo vértice xeodésico que hai no concello, o primeiro está no Farelo. A liña do horizonte delimita as cuncas fluviais do Ulla e do Arnego. As augas desta banda corren para o Arnego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario