11 de marzo de 2007

A PRAZA























Así lle chamabamos: a Praza. Non facían falta máis palabras.Tiña e ten o seu aquel. Di o meu amigo Vázquez Pintor que é a praza máis fermosa de todas as vilas da redonda e bastantes máis. Non lle falta razón. Para nós ten un plus engadido, o sentimental.
A foto dos anos setenta recolle o palco, que era fermoso e funcional sobre todo na parte de abaixo onde funcionou unha barbería, un taller de bicicletas, un almacén de pensos, un zapateiro... E na parte de arriba tocaba a banda os días de festa e o resto do ano era un patio cuberto para os xogos dos nenos. Vemos a casa de Ricardo (bar Central), a casa de Blanquito, antiga pousada; o camión do Fausto do Caldeireiro, co que continuaba a tradición familiar dos transportes de mercadorías. Toda unha historia reúne este camión. O bar do Costa detrás do camión; o tronco do carballo, que aínda sobrevive e o pozo da feira, tapado con lousas. Era aquí onde baleiraban as caldeiras os polbeiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario