Aínda quedan. Poucos, pero en pé. Seguramente houbo moitos máis. No concello dei cuns seis ou sete. Son acubillos para os pastores, de cando había que gardar vacas e ovellas durante varias horas seguidas. Hainos exentos, como o da foto, arrimados a unha rocha, os que aproveitan un valado como parede, etc. Os que quedan son de pedra. De seguro que tamén os houbo de madeira ou materia vexetal. Non é que chamen moito a atención, pero son unha testemuña máis de como os nosos antepasados se adaptaron ao medio e fixeron do medio un lugar de habitación.
Este caseto está nos prados de Friufe á beira da estrada que vai desde Agolada a Brántega. Retrateino hai dous anos cando a primavera era meniña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario