Os Pendellos e a praza son os lugares emblemáticos da feira do 12. Nesta foto de xullo de 2003 outeamos os tenderetes dos feirantes estendéndose pola praza. A concorrencia non era numerosa. A feira de xullo sempre foi máis pequena que a de agosto. Os traballos da seitura traen menos labregos á feira. Agosto ademais súmalle os emigrantes que voltan de vacacións, na actualidade xa menos.
Con compras ou vendas, ou sen elas, acudir á feira é un bo motivo para falar cos veciños e cos amigos, para probar o pulpo (polbo), botar unha ollada. O parrafeo sempre. É tradición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario