Lugar de Gurgueiro na parroquia homónima. É unha parroquia pequeniña, só tres lugares: Gurgueiro, San Miguel e Laxosa. É ribeireña do Arnego e está cruzada por unha estrada local que une Ventosa con Alperiz. Sobre o Arnego tivo en tempos a Ponte do Porto (unha pontella que o río anegaba nas invernías). Hoxe recibe esta denominación a ponte de formigón pola que pasa a estrada. Tamén nesta parroquia está a Ponte dos Cabalos (xa comentada neste blog anteriormente).
A igrexa é do século XIX, sinxela, convencional, con restos de edificacións anteriores. Apena ver como a casa rectoral está caendo. Posúe boas paredes e mellor solaina.
Esta parroquia ten un patrimonio arqueolóxico singular no monte Turubelo: petroglifos e mámoas. O Turubelo elévase entre Gurgueiro e Axiaz (Ventosa). Non hai constancia de ningún castro.
Hoxe viven poucos veciños, que se dedican básicamente á gandeiría.
Teño con esta parroquia a débeda de camiñar río arriba desde a Ponte do Porto e percorrer zonas de monte onde nunca cheguei. No mapa topográfico advirto que hai algúns muíños río arriba. Bo pretexto para buscar a frescura do río nunha tarde luminosa.
He creado un Blog llamado Gurgueiros. Mi madre y toda su familia nacieron alli, al lado de la Parroquia de San Miguel. Quiero honrar asi a los inmigrantes gallegos que hicierons las Americas, en el caso de mi madre en Cuba.Amo a esa hermosa tierra que dio tan vigorosos hijos. Gracias MG
ResponderEliminarPara entrar al BLog:
http://gurgueiros.blogspot.com/
A Bustos
ResponderEliminarLe ruego que si es posible publique fotos de la Parroquia de San Miguel.Justo a su lado hay un arroyo y despues la antigua casa de mi familia.
Estare muy agradecido y emocionado.
Muchas gracias.
Miguel :http://gurgueiros.blogspot.com/