As catro hórreas do concello están presentes nas parroquias onde os vales ubérrimos prometen fartura e abundancia, sempre nas proximidades do Arnego ou do Ulla.
Esta hórrea de Baíña é a mellor traballada, labrada en granito, con sobrepenal e pináculos elegantes. Mágoa de ladrillos nos laterais e o portalón de formigón que abriron na cerca do pazo, mesmo á beira da hórrea. No lintel da porta hai unha inscrición que di: "Por el licenciado José Varela. Año de 1876."
Ao fondo, detrás da hórrea vese o lugar de Val de Sangorza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario