21 de marzo de 2007

IX MOSTRA DE ARTESANÍA

Creo que é unha obriga cos socios de "Amigos dos Pendellos" e coa sociedade de Agolada deixar constancia da traxectoria de traballo da Asociación nestes case tres anos de andadura. Desde esta atalaia con vistas deica as vosas casas, facemos chegar a nosa voz; a que por impedimentos de diversos tipos non vos chega nas asembleas anuais que vimos celebrando cada xullo.
Continúo con este labor (hai varias entradas anteriores sobre o asunto) de explicar o que se leva feito.
No ano 2005 despois da entrevista celebrada na Deputación, fixemos un convenio de colaboración co Museo Casa do Patrón de Doade (Lalín) polo cal nos cedería en depósito 2.500 pezas de etnografía rural para expoñer nos Pendellos nun posible Museo Etnográfico.
Houbo varias reunións co xerente de Expodeza, Manuel Ferro, para tramitar solicitude á Comunidade Económica Europea de fondos do Plan Interreg e do Plan Leader.
No mes de agosto participamos por segunda vez na Mostra de Artesanía e Feira Medieval. Contamos cun pendello máis grande e máis vistoso có do ano anterior e expuxemos etnografía e fotografías antigas do mercado oitocentista.
Nas fotos pequenas de abaixo recollo o traballo co que participou na Mostra a Asociación Témporas de Agolada e que tanto leva axudado e colaborado cos Amigos dos Pendellos.











Ningún comentario:

Publicar un comentario