É case imperceptible, pero aí está, unha libeliña captada enriba dunha folla de carballo. Nin daba máis o zoom nin eu me podía achegar. O insecto case non se distingue. A foto merece máis a pena polos contrastes de verdes e os azuis reflectidos nas augas do Arnego. A natureza é sorprendente, máis o mundo miúdo das flores e os insectos. Cando a cámara é capaz de nolos amosar agrandados cobran un interese que a priori non tiñan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario