6 de marzo de 2007

MUÍÑO NO REGO DA XARA


De vez en cando un descubre sorpresas agradables. Coma o día que visitei este muíño no Rego da Xara, preto de Treilamas (Ventosa). A pedra debuxada, a fariña e a foula vestindo de branco as arañeiras que colgan do tellado. É un muíño en activo, íntegro, respectado, conservado. A parte baixa do muíño, chan e paredes construídos con lousas labradas e recintadas. O muíño ceiba a fariña polo chan e logo recóllese varréndoa.
Visiteino en inverno, cando se ceban os porcos e os muíños contribúen transformando o gran en fariña. Había evidencias de que se moera recentemente. Inverno e un camiño enlamado, a auga corría por entre as pedras. Hai que cruzar unha pontella para acceder ao muíño. Comprobei a dificultade do acceso e pensei na xente de antano que acudía en zocos e co saco ao lombo ou na cabeza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario