Hai tres anos tiven a enorme fortuna de poder visitar a cidade de Xenebra, en Suíza. Das moitas cousas que puiden admirar desa cidade e da maneira que teñen de vivir, unha destaca por encima das demais: a paz, a tranquilidade que se respira nas rúas que percorerran dous ilustres xenebrinos: Jean-Jacques Rousseau e Henry Dunant. O escaso tráfico de vehículos de motor nunha cidade de 400.000 habitantes, a amplitude das beirarrúas. Por elas circulan peóns, mozos en patíns e bicicletas en perfecta harmonía.
Os suízos, ao igual que holandeses, alemáns, belgas, noruegos, suecos, dinamarqueses... usan moito máis que os españois a bicicleta para os seus desprazamentos urbanos. A bici está nos aparcamentos diante das casas, á beira das casas. Cun simple candado. Tamén nos parques e xardíns. Conseguen ter unha urbe tranquila, menos ruidosa, máis habitable e en absoluto agobiante. A cidade de Xenebra conta con cinco estacións de aluguer gratuíto de bicicletas. Pódense usar durante doce horas seguidas. Un bo exemplo a imitar.
Un, que leva dentro a afección pola bicicleta, non foi quen de resistir esta tentación e aí me vedes nunha desas bicicletas do concello de Xenebra no regreso dun paseo de quince quilómetros polas beiras do lago Leman. De privilexio, a pesar de que a bicicleta non era do tipo que uso habitualmente.
Xa me gustaría que aquí se chegase a algo semellante. Aprender os bos costumes dos de fóra. Para iso deberan servir as viaxes, entre outras cousas.
É difícil seguir o teu ritmo de publicación con tantas novas sobre etnografía, arquitectura, historia, arte, etc.
ResponderEliminarO outro día lin que van pór bicis gratuitas en Vigo para usar a xente cunha tarxeta especial. Penso que é unha boa idea e agora toca esperar polo resultado.
Un saúdo.