As nosas vidas son os ríos.
As mellores paisaxes son os ríos.
A nosas miradas son os ríos.
Os ríos son o sangue da terra.
Os ríos son a seiva dos bosques.
Os ríos son espellos de prata.
Os ríos son corazón e alma.
...
O Arnego é río de nome eufónico.
O Arnego é parente do Arnoia e do Arno.
Arn-ego é radical de auga.
O Arnego é o Pai Arnego.
É un río e é un mundo
de auga lenta e vagarosa
que vai dar ao mar.
(A foto recolle un tramo do Arnego entre O Castelo e Vilariño xa camiño de Rodís. O río traza unha curva moi pronunciada e o monte adéntrase coma un vértice, que denominan o Bico da Balouta).
Sempre pensei que debía ser Valouta, coma Valboa que ven ser o mesmo que Bonaval. Saúdos.
ResponderEliminarXa eu reparara na grafía do topónimo. Decanteime polo B porque os que aquí o escriben fano con esa letra. Incluso hai un grupo de gaitas co nome BICO DA BALOUTA.
ResponderEliminarGracias pola aclaración.