27 de marzo de 2007
FESTAS DE SAN PEDRO EN AGOLADA (1976)
Hai só 31 anos desta foto e a contemplación da escena parece indicar moitos máis. Quizais sexa o branco e negro que a fai parecer máis antiga. Era o día de San Pedro (29 de xuño), festas patronais, e actuaba un grupo folclórico das Rías Baixas. É difícil distinguir as persoas que hai no público, pero a casa da Parda (con galería branca) e os pendellos que a rodean motivaron que expuxera aquí esta imaxe. Casa e pendellos foron demolidos para ampliar a praza e deixar o solar onde agora se ubica a casa do Concello. Ten, por tanto, a foto un valor documental. E tamén afectivo. A instantánea está tomada desde o palco que ocupaba o centro da praza.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Imaxes que no momento de facelas non teñen importancia co tempo revalorízanse.
ResponderEliminarMui boa.