27 de marzo de 2007

LAVADOIRO DE OUTEIRO DE RAMIL

Quedan poucos lavadoiros coma este no concello de Agolada. É dicir, grandes, de pedra, coa estrutura orixinal. Nada que ver cos construídos en formigón e cemento, que tamén abundan. Anque se usan pouco aínda se manteñen activos ocasionalmente, coma cando hai que lavar mantas ou edredóns. Este quero destacalo pola súa construción pétrea, polos piares prismáticos e polas tesoiras do tellado a dúas augas. As pedras de lavar tamén están moi ben labradas e manteñen a pía no estado primitivo. É outro elemento máis da arquitectura popular. Data dos anos 50 do pasado século. Está no lugar de Outeiro, na parroquia de Ramil, á beira do camiño que vai cara a Basadroa.

2 comentarios:

  1. Unha marabilla. Eu nunca vira un lavadeiro enteiro de pedra. E parece estar en mui bo estado.

    ResponderEliminar
  2. Hola. A parroquia de Esperante ten tres lugares: San Cibrao, A Penela e Esperante. Outros nomes, como O Curral, O Casal, O Canaval e o Coche, son microtopónimos que fan referencia a casas illadas e que teñen a súa orixe e explicación.

    ResponderEliminar