15 de marzo de 2007

OUTRA FLOR. A MARABILLA

Outra flor do medio natural agoladés (aqualatense). Que se enteren os periodistas de que estes son os xentilicios que usamos: un o patrimonial e o outro o culto, os dous, coma os pobos que ben se prezan.
Observo que as flores sempre gustan. Velaí vai outra e a confesión da miña ignorancia do nome que recibe. Non debe de ser moi difícil pois a flor é moi vista. Ofrézovola coma un agasallo e un anticipo da primavera, que foi a estación que a min ma regalou hai dous anos. Debería titular esta entrada FLORES para non discriminar á pequeniña lila que vai na parte de abaixo.
P.S. Gracias polo comentario anónimo que nos descubre o nome da flor: a marabilla. A este paso todos imos aprender a asociar nomes e obxectos que coñeciamos por separado. Gracias tamén polo calificativo atribuído ao blog.

1 comentario:

  1. A flor chámase como ben se podería chamar o blog este: MARABILLA

    ResponderEliminar