15 de marzo de 2007

TORRENTES DO ULLA (II)



Hoxe o día, espléndido e caloroso, invita a recrearnos na frescura da auga das Torrentes do Ulla. Insisto en que a xente aquí chámalles en feminino como se quixesen diferenciar o tamaño que media entre un torrente e unha torrente (entre cesto e cesta, sirva de exemplo).

O tesouro da auga abondosa e límpida que rega esta terra de orballos é preciso valoralo, protexelo, coidalo e, en moitos casos, recuperalo. Cando Castelao escribiu aquela triloxía de textos que recollían tres grandes fitos da vida dos galegos (a vaca, o arbre, o peixe) teño para min que esquenceu a auga. Se ben entendo que no tempo que el viviu este tesouro non se cría esgotable nin ameazado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario