2 de marzo de 2007

PAZO DE EIDIÁN (I)

Interior do patio de armas do pazo. En realidade trátase dunha casa fidalga que pertencera ao ministro de Facenda (1823-1832) de Fernando VII, Luís López Ballesteros. Nesa época fortificouse a casa para establecer un cantón militar realista. Foi un bastión durante as guerras carlistas e sufriu unha cruenta batalla nunha noite que un traidor facilitara o ataque.
Hoxe está convertido en casa de turismo rural, con dez cuartos e dúas suites, restaurante, cafetería, un enorme xardín... Ten bos accesos e ubícase nunha aldea tranquila e bucólica, cunha ampla praza diante do pazo.
A foto corresponde á Semana Santa de 2005 cando Vázquez Pintor máis eu acompañamos a Xosé Lois García maila súa dona nunha visita por varias aldeas de Agolada.
Noutras entradas ireivos ofrecendo fotos e máis detalles da Casa Grande de Eidián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario