Hai unha enorme variedade de pináculos. A maioría dos hórreos están coroados por unha cruz e un pináculo. Poucas veces se repiten.
Este da foto mandouno facer Primo Castro Vila, que fora o último alcalde da II República. Hoxe pertence a Damasio. Está na Feira Nova, en Brántega. En Toiriz (Vila de Cruces) vin outro igual. É meritorio o traballo de baleirado da pedra no corpo máis ancho do pináculo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario