Este é o hórreo da casa de Vilariño en Bidueiros. Ten cinco claros e unha impecable arquitectura. Granito da mellor calidade, tellado de finas lousas do mesmo material e pináculos certamente orixinais. A traseira de pedra que se ve na foto está resolta con elegancia e proporción. Conserva ben as madeiras. É un exemplar de hórreo excelente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario